viernes, 13 de junio de 2014

Sociedad Gimnástica de Vigo

Fonte: Boletín Glaucopis 

Vigo, nos anos vinte era unha ciudade cunha interesante vida social. A proliferación de sociedades recreativas fálanos dun ambiente moi distinto á imaxe de cidade case exclusivamente industrial coa que adoitamos imaxinala. O elitismo propio destas sociedades é tamén un dato que nos sitúa nunha urbe cunha marcada diferenciación de clases. Un dato común a todas estas sociedades é a súa vinculación coa programación de actividades culturais de todo tipo e en canto á música, non se amosaron alleas ás novas modas. A sociedade ximnástica, así como o Casino, a Tertulia, etc. tamén programou actuacións nas que o jazz non era unha música allea. No ano 1924 o xa coñecido músico de jazz-band Quilez volve a ser a peza imprescindible nun ambiente de ledicia e diversión: "al ruido multiforme y estridente de las notas que Quilez imprimía al "jazz-band", se sucedían los gritos jubilosos y carcajadas sonoras y alegres de las lindas mujercitas que invadían por completo la sala de baile, corriendo de un lado a otro como bandadas de pájaros" (E.P.G. 6.3.1924)


EPG 2.11.1924
EPG 6.3.1924



















Máis información sobre a Sociedade Ximnástica de Vigo. González Martín, Gerardo. Gimnasio de Vigo, una sociedad para el progreso. Vigo: IEV, Glaucopis, 13, 2007

© Ana Bande

No hay comentarios:

Publicar un comentario