Jazz-band. Augusto María Casas.
Todos
abedes (sic) a hestoria de Jean Cocteau: comenzou sendo un escritore
de dereitas. Houbo n´il un longo silenzo, que corresponde a un
proveitoso isolamento adicado ao estudo, traieitoria qu´il describe
ao comenzo de “Le Potomak”. Chamou deseguida a atenzón, e logrou
o trunfo. Mais, desprezando eisitos de livraría e de Academia,
asegún refire Paul Morand, fijo o qu´il mesmo chamou un viage cara
a esquerda. Se lle non perdonou isto. Seus amigos -André
Guide-reprocháronle o habere baixado d´un salto tudal-as grada e
ata que subira enantes a escada. Derradeiramente, a sua ruidosa
conversión.
Dend´os
Eugenios, dimpois Os Eugenios da Guerra, con que remata “Le
Potomak”, até os dibujos, Cocteau consagrouse como talento mais
jurdio da novísima estética. De “Le cap de Bonne Speranez”,
dixo Morand, qu´as suas páginas podense contar com´as máis belas
do lerismo francés contemporáneo. Asimade, foi Cocteau quen pujo
silenzo no caos, co Le rapell a l´ordre. En D´un orden consideirado
com´unha anarquía, alocuzon botada do College de France o joves 3
de maio 1923, leijou as cousas no seu lugar. Le rapell a l´ordre ja
non leija lugar a dúbidas. Jazz-band, pertenece á sua luminosa
colaborazón no Paris-Midi, baixo o tíduo “Carte Blanche”. Viron
a lus púbrica no 1920. Mais o seu intrés é tan enorme que lateja
n´iste ano de 1928 co mismo pulo que d´aquela. Ista traduzón
directa d´unha das súas páginas mais nidias, mais que para dar
unha noticia de Jean Coteau, ben coñecido dos jóvenes escritores da
Galiza, é para lle brindar o noso saúdo berrando co-il na
adicatoria a Gerges Auris:Vive
le Coq! A bas l´Arlequin!
(El
pueblo gallego, 5.10.1928)
© Ana Bande
No hay comentarios:
Publicar un comentario